🏅 Cep Altamira/IES Indalecio

Recibimos hoxe unha desas novas que fan sorrir, levantar a cabeza e lembrar por que paga a pena poñer tanta enerxía no que facemos cada día. A Consellería de Educación vén de publicar a resolución dos Premios Innovagal, e temos a enorme alegría de comunicar que a nosa candidatura acadou o 🏅3º premio na modalidade B. Este premio non é un punto final, senón un impulso. Un empurrón deses que che din: “seguide por aí”. Detrás desta candidatura hai moitas horas, moitas conversas entre risas, moitas ideas que medraron pouco a pouco e, sobre todo, momentos inesperados vividos que nos foron saíndo ao paso sen previo aviso. Esperamos ser quen de vos transmitir o incrible destes xiros plot twist e algún momento de ‘isto non estaba previsto'...pero WOW! E como non podía ser doutro xeito, quixemos que a boa nova chegase a todos os recunchos. Por iso, informamos tamén de que xa temos contactado con algúns alumnos e alumnas que andaban polo espazo exterior (explorando, investigando ou simplemente paseando con marcianos🚀😉 ) para poñelos ao día desta noticia tan especial. Aproveitamos para convidalos a ir volvendo pouco a pouco, porque o que vén agora merece ser vivido en primeira fila. Novos acontecementos están en camiño, e todo apunta a que… van cambialo todo.

Noraboa excelentes!🏅

Este recoñecemento pertence a todos: alumnado, profesorado, familias e tamén a ti, excelente, que inspiras e apoias unha escola dinámica, sempre atento ás reviravoltas que che fan dicir: ‘hai que velo para crer!’✨ Parabéns a todas as candidaturas e proxectos premiados, exemplos claros de talento. Seguimos aprendendo uns dos outros. Celebramos o conseguido, colleitamos forzas… e seguimos adiante a pola seguinte ? Si!

#Vídeocandidatura25➡️

calendario

febrero 2026
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728