Segue o ritmo!
Temos unha misión importante antes da estrea: aprender o baile do TRAX! E si… sabemos que estes bailes tan “tictokeros” teñen a súa ciencia. Hai pasos, xiros, coordinación, memoria muscular e algún movemento que, visto no vídeo, parece facilísimo… ata que o intentas. 😂
Por iso, a nosa recomendación é moi sinxela: dedicádelle un pouquiño de tempo cada día. Non fai falta converter a casa nunha academia de danza nin ensaiar durante horas. Uns minutos diarios poden marcar unha enorme diferenza.
E aquí vén o truco: entre varias persoas é moito máis divertido e tamén máis fácil! Se alguén se perde, outro lembra o paso; se alguén se adianta, outro o devolve ao ritmo; e se todos nos equivocamos… pois facemos como que era parte da coreografía. 😎
O importante é practicalo, rirnos e ir collendo confianza pouco a pouco.
⚠️ Lembrade: o baile é básico para poder asistir á estrea, así que non o deixedes para o último momento. Despois non queremos ver caras de “eu isto non o sabía”… porque avisados quedades! 😉
Así que xa sabedes: música, ganas, un pequeno espazo e a bailar!
💥 Cada día un pouquiño. Na estrea, todos a unha!
