🎬✨ Excelente! Revisa teu correo!✨

DIAMOND PASS

🎬 Imossss!

Durante os últimos anos pasaron moitas cousas: obradoiros, encontros, convivencias, actividades, risas, ideas, ensaios, aprendizaxes e moitas horas compartidas. E, no medio de todo iso, nenos e nenas de diferentes áreas foron deixando a súa pegada, achegando propostas, imaxes, palabras, movementos e, sobre todo, moitas ganas de crear.

Agora, grazas á colaboración, conseguimos facer algo que parecía complicado: xuntar todas esas pezas e convertelas nunha única historia. Unha peza audiovisual construída entre moitas mans, moitas cabezas e, tamén hai que dicilo, algún que outro momento de “isto como imos facer para encaixalo aquí?”. 😅

Porque detrás de cada escena, de cada imaxe e de cada diálogo hai moito máis do que se ve na pantalla: horas de traballo, coordinación de horarios, procura de recursos, cambios de plans (alertas meteorolóxicas e mesmo o apagón), ideas que non acababan de encaixar, críticas construtivas, pequenas decepcións cando as cousas non saían como esperabamos… e, por suposto, esas remontadas marabillosas nas que dicimos: “Veña, que isto sae!”

E saíu.

Agora chega o momento de parar, sentarnos xuntos e descubrir o resultado de todo este camiño. Queremos compartir convosco esta peza audiovisual que esperamos que vos guste, que vos sorprenda e que, sobre todo, quede na nosa memoria como unha experiencia da que sentirnos orgullosos.

Porque esta película non é só unha película. Leva un anaquiño de cada persoa que participou nela. Cada escena ten unha historia detrás. Cada imaxe, un esforzo. Cada palabra, unha idea. E todo iso fai que o resultado sexa un pouco de todas e todos nós.

Así que xa sabedes: estades convidados á estrea! 🍿

E atención, porque hai unha última misión antes de chegar á sala: visitade a nosa web e ensaiade o baile do TRAX. Vannos facer falta esas dotes artísticas… ou polo menos ganas de pasalo ben. 😂

👗 Código de vestimenta: algo con aire de estrea, elegante, divertido ou especial… pero, sobre todo, cómodo e que vos chifle. Aquí non queremos sufrir por culpa dos zapatos!

Agora só falta unha cousa: virmos xuntos, desfrutar e celebrar todo o que fomos capaces de crear.

Vémonos na estrea! Que comece o espectáculo!

Usa IA para romper o código Morse, hai algo en marcha…

calendario

septiembre 2026
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930