🎬✨ Entrada DIAMOND PASS!✨

DIAMOND PASS

🎬 Imossss de estrea!

⬇️ COMO SE ORGANIZARÁN AS ESTREAS

Como somos un grupo numeroso, e para facilitar a participación de todas as persoas, nos Concellos de Tui e Salceda organizaremos as estreas por quendas e en diferentes momentos.

📅 ESTREA OFICIAL — 23 DE OUTUBRO | 12:00 h

🎬 TUI
Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Imprescindible practicar antes o baile do Trax, revisa o enlace https://www.youtube.com/watch?v=kRORlf2klgY
→ Terá lugar a estrea oficial da peza audiovisual.

🎬 SALCEDA
Auditorio de Salceda
→ Ao mesmo tempo, realizarase unha primeira proxección destinada a sexto nivel de Educación Primaria. Imprescindible practicar antes o baile do Trax , revisa o enlacehttps://www.youtube.com/watch?v=kRORlf2klgY

👗 Código de vestimenta: algo con aire de estrea, elegante, divertido ou especial… pero, sobre todo, cómodo e que vos chifle. Aquí non queremos sufrir por culpa dos zapatos!

📢 E A PARTIR DE AGORA…

Iremos informando por este medio das novas datas, quendas e lugares de proxección, para que todas as persoas poidan ter a oportunidade de compartir e desfrutar deste momento.

Pouco a pouco, iremos facendo chegar o proxecto a todas e todos.

Porque detrás de cada escena, de cada imaxe e de cada diálogo hai moito máis do que se ve na pantalla: horas de traballo, coordinación de horarios, procura de recursos, cambios de plans (alertas meteorolóxicas e mesmo o apagón), ideas que non acababan de encaixar, críticas construtivas, pequenas decepcións cando as cousas non saían como esperabamos… e, por suposto, esas remontadas marabillosas nas que dicimos: “Veña, que isto sae!”

E saíu.

Agora chega o momento de parar, sentarnos xuntos e descubrir o resultado de todo este camiño. Queremos compartir convosco esta peza audiovisual que esperamos que vos guste, que vos sorprenda e que, sobre todo, quede na nosa memoria como unha experiencia da que sentirnos orgullosos.

Porque esta película non é só unha película. Leva un anaquiño de cada persoa que participou nela. Cada escena ten unha historia detrás. Cada imaxe, un esforzo. Cada palabra, unha idea. E todo iso fai que o resultado sexa un pouco de todas e todos nós.

Por todo o anterior, temos moitos agradecementos!

IMPULSO, APOIO, FINANCIAMENTO PÚBLICO E CESIÓN DE ESPAZOS

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Polo recoñecemento outorgado co 3º Premio Innovagal.
A través da creación das Aulas Polos Creativos, permitindo crear espazos para o desenvolvemento do talento artístico.

Especial agradecemento a Ana Puentes Vázquez, Coordinadora do Plan Proxecta e Asesora de Innovación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia , polo seu impulso, acompañamento e apoio constante ao proxecto ao longo dos anos, de moitos anos.

FINANCIAMENTO PÚBLICO E CESIÓN DE ESPAZOS

Concello de Tui

Concello de Salceda de Caselas

Aos dous, polo seu compromiso na creación de experiencias motivadoras para o alumnado e pola paciencia e dedicación do seu persoal.

COLABORACIÓN E CESIÓN DE ESPAZOS

Consellería do Medio Rural e Consellería de Medio Ambiente
Pola súa colaboración e pola cesión de espazos e instalacións, entre eles a Base de Helitransporte do Campiño (Pontevedra).

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración – ISSGA
Pola cesión de espazos en Pontevedra, a Aula de introdución da Prevención de Riscos Laborais (PRL) na súa Escola Galega de Prevención.

Seganosa – Empresa de Formación Integral en Seguridade Industrial e Emerxencias
Pola cesión de espazos e instalacións.

FINANCIAMENTO PRIVADO

Naviera Piratas de Nabia
Polo seu apoio xeneroso ao financiamento da produción e colaboración do seu persoal.

AGRADECEMENTOS ESPECIAIS

O noso especial agradecemento a Luz Casal por permitirnos contar coa súa música «Negra sombra», utilizada na primeira parte desta creación audiovisual, e por achegarlle á historia a súa forza e emoción.

Tamén queremos agradecer especialmente a The Rapants e 9Louro, representantes do talento novo galego, por compartir a súa música e por axudarnos a poñerlle o son dun latexo forte a esta historia.

Grazas por acompañarnos e por inspirar ás novas xeracións a seguir o seu propio ritmo.

Luz Casal — «Negra sombra»
The Rapants — «Bláster»
9Louro — «Os meus males»

Agradecemento ao Deán, don José Diéguez Dieppa, pola cesión de espazos tan especiais coma o claustro da Catedral de Tui e o lugar onde se atopan as primeiras pedras que asentaron a súa construción hai 800 anos.

Así mesmo, queremos agradecer ao persoal encargado de facilitar a realización desta gravación.

COLABORACIÓN E APOIO CIENTÍFICO

CESGA – Centro de Supercomputación de Galicia
Pola súa axuda na difusión da física cuántica e por contribuír a achegar a ciencia ás novas xeracións.

CIMUS – Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas
Polo seu compromiso e impulso para achegar o alumnado de Educación Primaria e Secundaria á xenética, tamén por fomentar o coñecemento e o interese pola ciencia. Promovendo innovación punteira neste ámbito.

Para Ángel Carracedo

Grazas, Ángel, pola túa proximidade, pola túa xenerosidade e, sobre todo, por saber crear espazos nos que as ideas poden medrar con liberdade. Por apoiar a innovación, a experimentación e novas formas de entender a educación, e por contribuír a que moitas iniciativas poidan converterse en realidade.

A túa maneira de acompañar, escoitar e confiar é, sen dúbida, unha inspiración para seguir explorando novos camiños.

⭐Para ti, excelente, en exclusiva⭐

Para que, en cada etapa da vida, teñas sempre diante de ti moitos camiños de aprendizaxe por descubrir, escoller e percorrer.

Temos un listado enorme de excelentes , entre o profesorado e o alumnado, están quen deu ideas, actuou, opinou, observou, criticou con cariño e axudou a construír o proxecto.

Cada participación contou!

  1. Abia Muñoz, Rodrigo
  2. Acuña Monteiro, Mario
  3. Adán Pérez, Yáiza
  4. Alén Rubio, Paola
  5. Alfaya López, Patricia
  6. Alonso Álvarez, Estela
  7. Alonso Álvarez, Nerea
  8. Alonso Alonso, Borja
  9. Alonso Coello, Mayra
  10. Alonso Estévez, Yeray
  11. Alonso Fernández, Mariela
  12. Alonso Hermida, Izan
  13. Alonso Pereira, Isabel
  14. Alonso Puente, Breogán
  15. Alonso Urceira, Uxía
  16. Alonso Urceira, Xabi
  17. Alonso Villar, Ruth
  18. Álvarez Castro, Ainhoa
  19. Álvarez Míguez, Aitana
  20. Álvarez Valcárcel, Elena
  21. Amorim Álvarez, Eva Julia
  22. Amoedo Rodriíguez, Iria
  23. Barbosa Alonso, Noa
  24. Barbosa Fernández, Aitor
  25. Barbosa Rodríguez, Lucía
  26. Barja Fernández, Silvia
  27. Barros Álvarez, Jaime
  28. Besada Montenegro, Ángela
  29. Bethencourt Campos, Breogán
  30. Blanco Rodríguez, Raúl
  31. Borrallo Pérez, César
  32. Bugallo Cerqueira, Sabela
  33. Cabaleiro Varela, Erik
  34. Caballero Alonso, Alba
  35. Caballero Blanco, Iria
  36. Caballero Pereira, Alberto
  37. Caballero Vázquez, Alma
  38. Campos Estévez, Xenxo
  39. Campos Iglesias, Isaac
  40. Cambeiro Caamaño, Inmaculada
  41. Carreira Calvo, Ares
  42. Carracedo Fernández, Francesco
  43. Carracedo Martínez, Miriam
  44. Casanova Martínez, Sabela
  45. Casaleiro Fontenla, Alejandro
  46. Cerqueira Estévez, Isabel
  47. Chapero Gómez, Lía Erea
  48. Chacón González, Juan Diego
  49. Cifuentes Fernández, Pablo
  50. Comesaña Couñago, Sabela
  51. Comesaña Mosquera, Eloy
  52. Conde Freire, Xabier
  53. Costas Fernández, Carmen
  54. Costas González, Alejandro
  55. Crespo da Silva, Yanira
  56. Cruz González, Yago
  57. Currais Carro, Noé
  58. Curto Domeque, Sara
  59. Da Silva Diz, Ricardo
  60. De Almeida Mouteira, Elisa
  61. De Sousa Alonso, Brais
  62. Díaz Lazo, Arantxa
  63. Díaz Martínez, Alejandro
  64. Díaz Martínez, Martín
  65. Dias Dinos, Melinda
  66. Diz Rodríguez, Patricia
  67. Dulce Souza, Kachy
  68. Eddahaoui Elbasraoui, Majda
  69. España González, Ana María
  70. Estévez Barros, Santos
  71. Estévez Borge, Leo
  72. Estévez da Silva, Sophia
  73. Estévez Martínez, Martín
  74. Estévez Martínez, Xoel
  75. Estévez Pérez, Breogán
  76. Estévez Pérez, Ian
  77. Estévez Pérez, Sara
  78. Fandiño Gómez, Lucas
  79. Fandiño Paramos, Josefa
  80. Farrapeira Gil, Pablo
  81. Fernández Acuña, Sofía
  82. Fernández Álvarez, África
  83. Fernández Álvarez, Alejandro
  84. Fernández Bao, Noé
  85. Fernández Domínguez, Alex
  86. Fernández Estévez, Icía
  87. Fernández Gallego, Candela
  88. Fernández Gimeno, Nayara
  89. Fernández Guedes, Leyre
  90. Fernández Iglesias, Rebeca
  91. Fernández Lameiro, Tiago
  92. Fernández Lemos, Xavi
  93. Fernández Lemos, Yago
  94. Fernández Lorenzo, Xulia
  95. Fernández Martínez, Mara
  96. Fernández Martínez, Xurxo
  97. Fernández Otero, Naiara
  98. Fernández Rodríguez, Loli
  99. Fernández Treinta, Ángela
  100. Fernández Troncoso, Marta
  101. Ferreira da Cunha, Cristina María
  102. Ferreira Monteiro, Claudia
  103. Fontán Rodríguez, Ada
  104. Gago Vizoso, Alba
  105. Garabal Estévez, Ada
  106. García Castiñeira, Sabela
  107. García Rodríguez, Sara
  108. García Troncoso, José Manuel
  109. Garrido Fernández, Leila
  110. Gil Lariño, Rosalía
  111. Gómez Durán, Yerai
  112. Gómez González, Elena
  113. González Alonso, Tania
  114. González Carracedo, Sylvain
  115. González Fernández, Laura
  116. González González, Diego
  117. González Ledo, Adela
  118. González Martínez, Álex
  119. González Pereira, Raquel
  120. González Reigosa, Luis
  121. González Rodríguez, Raúl
  122. Herrera Madariaga, Eva Sophia
  123. Hidalgo Groba, Carla
  124. Hidalgo Méndez, Heder
  125. Iglesias Gil, Daniel
  126. Jiménez Gómez, Lorenzo Eduardo
  127. Lemos Cabaleiro, Adrián
  128. Lemos Quintas, Leire
  129. López Adelino, Anabel
  130. López Calvo, Ainara
  131. López Martínez, Mauro
  132. López Martínez, Noa
  133. López Rodríguez, Thiago
  134. López Seoane, Noa
  135. Luis Barreiro, Iris
  136. Mallo Rey, Sío Ana
  137. Mariño Alonso, Daniella
  138. Martínez Alonso, Daniela
  139. Martínez Barros, Juan
  140. Martínez Cabral, Mara
  141. Martínez González, Aaron
  142. Martínez Guisande, Alicia
  143. Martínez Lodeiro, Gisela
  144. Martínez Martínez, Eire
  145. Martínez Misa, Gael
  146. Martínez Pérez, Iris
  147. Martínez Pérez, Lluch
  148. Martínez Porto, Gorka
  149. Martínez Porto, Ylenia
  150. Martínez Souto, Braís
  151. Martínez Táboas, Paula
  152. Martínez Tellado, Ainara
  153. Martínez Torres, Rosalía
  154. Martínez Urgal, Sabela
  155. Martínez Vila, Zoe
  156. Méddiche, Azzeddine
  157. Méndez Gómez, Blanca
  158. Méndez Rey, Aitana
  159. Méndez Rey, Mara
  160. Mendes Araújo, Susana Cristina
  161. Mera Álvarez, Irene
  162. Míguez González, Hugo
  163. Monterde Recondo, Victoria Carmen
  164. Moreira Lorenzo, Martín
  165. Muñíz Palmeiro, María Amparo
  166. Nahil Ammar, Maruoa
  167. Núñez Martínez, Adrián
  168. Ocampo Serramito, Fabio
  169. Ocampo Serramito, Gonzalo
  170. Otero Barreiro, Pablo
  171. Otero Feros, Leyre
  172. Otero García, Marcos
  173. Otero Medrano, Tania
  174. Pallarés Álvarez, Mateo
  175. Paramos Alonso, Aitana
  176. Passos Alonso, Micaela
  177. Pazo Chamadoira, Daniele
  178. Pazo Salomón, Ángela
  179. Pérez Almeida, Yasmín
  180. Pérez Alonso, Ana María
  181. Pérez Besada, Lara
  182. Pérez Estévez, María
  183. Pérez Fernández, Gael
  184. Pérez Fernández, Marc
  185. Pérez Fernández, Nélida
  186. Pérez Fernández, Gael
  187. Pérez Lorenzo, Mel
  188. Pérez Somoza, Bosco
  189. Pérez-Lozao Rodríguez, Fernando Ángeles
  190. Pérez Martínez, Loli
  191. Pinto Ferreira, Asier
  192. Pinto Valcárcel, Lara
  193. Prego Estévez, Antía
  194. Prieto Sánchez, Mónica
  195. Posada Tourón, Taylor
  196. Quiroga Alonso, Ángela
  197. Ricón Barciela, Guillermo
  198. Ribeiro Rodríguez, Naín
  199. Rocha Fuentes, Iker
  200. Rocha Pazo, Bruno
  201. Rocha Vidal, Laura
  202. Rodríguez Alfaya, Roi
  203. Rodríguez Álvarez, Silvia
  204. Rodríguez de Luis, Hugo Ezequiel
  205. Rodríguez Díaz, Nicolás
  206. Rodríguez Domínguez, Noa
  207. Rodríguez Domínguez, Vera
  208. Rodríguez Fernández, Antón
  209. Rodríguez Fernández, Nicolás
  210. Rodríguez Ferreira, Gael
  211. Rodríguez Iglesias, Cailan
  212. Rodríguez Lorenzo, David
  213. Rodríguez Nogueiras, Sara
  214. Rodríguez Pérez, Javier
  215. Rodríguez Rodríguez, Ainhoa
  216. Rodríguez Rodríguez, Gael Sebastián
  217. Rodríguez Rodríguez, Noemi
  218. Rodríguez Rodríguez, Zaira
  219. Rodríguez Souto, Paula
  220. Romero Rodríguez, Iria
  221. Romero Rodríguez, Laia
  222. Sampaio González, Izan
  223. Salgado García, Samuel
  224. Salomón Vanyek, Yago
  225. Sánchez Fernández, Anaís
  226. Sánchez Giráldez, Martina
  227. Sánchez Nóvoa, Aroa
  228. Sánchez Pérez, Alba
  229. Santamaría Pampín, Aldara
  230. Sendín Domínguez, Sara
  231. Seoane Urceira, Eugenia
  232. Sestelo Vila, Antía
  233. Sestelo Vila, Sabela
  234. Soares Evangelista, Mª Carolina
  235. Solla Franco, Mario
  236. Souto Madarnás, Enzo
  237. Suárez Martínez, Fabio
  238. Tobío Martínez, Aser Lidia
  239. Torres Barbosa, Helena
  240. Torres Losada, Izan
  241. Troncoso Fernández, Manuel
  242. Troncoso Iglesias, Aimara
  243. Troncoso Vidal, Sofía
  244. Ucha Costas, Marcos
  245. Urceira Barrio Nuevo, Lucas
  246. Usera Alonso, Judith
  247. Valcárcel Lorenzo, Ana
  248. Valcárcel Lorenzo, Saúl
  249. Valcárcel Martínez, Laura
  250. Vaqueiro Domínguez, Leire
  251. Vaqueiro Méndez, Erea
  252. Vaqueiro Pérez, Carla
  253. Vaqueiro Pérez, Daniel
  254. Vaqueiro Vila, Katia
  255. Vázquez Barcia, Joel
  256. Vázquez Cerqueira, María
  257. Vázquez Vázquez, Victoriano
  258. Vidal Cambeiro, Trinidad
  259. Vidal Salomón, Marta
  260. Viera Otero, Martín
  261. Viera Otero, Sheila
  262. Vila Bugarín, Héctor
  263. Vila Rodríguez, Hugo
  264. Vila Rodríguez, Leo
  265. Vila Rodríguez, Lois
  266. Víchez Sánchez, Darío
  267. Vilchez Tobío, Roi
  268. Yang Sun, Junjie George
  269. Zamora Bravo, Juan David

Lembrade, porque non menos importante é unha última misión antes de chegar á sala: visitade a nosa canle e ensaiade o baile do TRAX. Vannos facer falta esas dotes artísticas… ou polo menos ganas de pasalo ben. 😂https://www.youtube.com/watch?v=kRORlf2klgY

Así que xa sabedes: estades convidados á estrea! 🍿✨

Vémonos ! Que comece o espectáculo!

Usa IA para romper o código Morse, hai algo en marcha…

calendario

octubre 2026
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031